|
Mércores, 10 de Xaneiro do 2007 |
|
O noso modo de vida xera degradación ambiental e inxustiza social. Xeramos cada vez máis residuos. Co noso sobreconsumo de materiais e enerxía estamos a devorar o planeta e o futuro. Vivimos de modo insustentábel todo o ano, mais a situación agrávase coas festas dos excesos consumistas por excelencia: o Nadal. O Día de Reis é só un caso máis: os agasallos veñen acompañados de toneladas de lixo. Aquí tes unha selección das fotos recebidas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 09 de Xaneiro do 2007 |
|
Redes de organizacións latinoamericanas veñen de enviar unha carta aberta ao Parlamento europeu, á Comisión Europea e aos gobernos e cidadanía da UE expondo a súa preocupación polas políticas que probabelmente serán adoptadas para favorecer o uso e importación de biocombustíbeis como alternativa aos combustíbeis fóseis. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 07 de Xaneiro do 2007 |
|
Com a palavra de ordem "A ria nom se vende" os colectivos A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskiopio, Bouzas-móvete, Foro Social de Cangas, GAS, Luita Verde, OAR Redondela, Salvemos Monteferro, Voces polo litoral de Teis e Verdegaia organizarom o passado dia 5 na Praça da estaçom de Vigo um singelo acto reivindicativo e divulgativo ao tempo, sobre a crítica situaçom na que se acha a ria de Vigo. Leu-se um manifesto e o texto "15 pontos negros na ria de Vigo" que disponibilizamos para a sua leitura.
Manifesto 15 puntos negros ria de Vigo
Escribe o teu comentario (11 Comentarios) |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 04 de Xaneiro do 2007 |
Verdegaia-Vigo decidiu aderir o manifesto "O PXOM de Vigo AP-2006: descripción crítica en 8 puntos" das associaçons Outro Vigo é Posible e Alternativa Veciñal. Este manifesto é muito crítico com o planeamento de ordenaçom do concelho aprovado pola Câmara Municipal e do que só resta o visto e praze da Conseharia de Política Territorial da Junta da Galiza.
Escribe o teu comentario (11 Comentarios) |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 02 de Xaneiro do 2007 |
|
O segundo informe anual elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE), “Sostenibilidad en España 2006”, que inclúe información baseada en indicadores e desagregada por comunidades autónomas, ofrece o retrato dunha Galicia cada vez máis insustentable desde o punto de vista ecolóxico, mais alá mesmo do que poden indicar certas catástrofes como as sufridas no ano pasado. A nosa terra usa recursos naturais en exceso e con baixa eficiencia, fai unha contribución relativa moi importante ao cambio climático e continúa a degradar o territorio e a perder biodiversidade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
|