|
Xoves, 16 de Agosto do 2007 |
|
Ecologistas en Acción elaborou o informe “Banderas Negras en zonas de baño interiores", que recolle e analisa a deterioración das augas de ríos, lagoas e encoros usadas para o baño. Moitas das áreas de baño catalogadas inicialmente polo Estado español (catálogo de 1994) foron descatalogadas posteriormente. No caso de Galicia, realizáronse 54 descatalogacións, habendo actualmente 48 zonas de baño catalogadas onde se controla o cumprimento da directiva europea sobre a calidade das augas de baño. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 13 de Agosto do 2007 |
|
A empresa Rico ten unha escombreira-basureiro en Santa Cruz de Salto de grandes dimensións situada nunha ladeira xustamente na cabeceira dun río. As escorrentías do basureiro acaban neste río antes de confluír noutro que termina no encoro dos Molinos. Este encoro, abastece de auga a unha parte dos veciños de Cabanas. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 07 de Agosto do 2007 |
|
Xa pasaron máis de 15 días e os veciños de Mehá continúan pechados na Casa do Concello de Mugardos en sinal de protesta contra a ubicación da Planta de Gas e a súa posta en funcionamento aínda a costa do enorme risco que esto supón para a poboación. Alén disto, este peche pretende chamar a atención dos cidadáns e administracións competentes dependentes do Ministerio de Industria para que non sexa aprobada a acta de explotación comercial que Reganosa ten a obriga de solicitar. Numerosos colectivos ( culturais, deportivos, ecoloxistas....), artistas, xente anónima, representantes de algún partido politico, etc.....están manifestando a súa solidariedade e apoio á veciñanza alí congregada. Ti tamén podes sumarte. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 01 de Agosto do 2007 |
|
A xuízo de varias organizacións ecoloxistas, entre elas Verdegaia, FEG e Ecologistas en Acción, a memoria sobre os incendios forestais do ano 2006 presentada pola Fiscalía de Galicia confirma as posicións defendidas por elas e desacredita as especulacións sen fundamento manexadas sobre as causas dos incendios, constituíndo unha chamada de atención sobre a importancia dos incendios debidos ao uso tradicional do lume no medio rural. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 27 de Xullo do 2007 |
Ante as diversas declaracións dende distintos sectores da administración, anunciando proxectos de tratamento e xestión de residuos baseados na tecnoloxía de plasma, como o das Somozas, a incluír na redacción do Plan Xeral de Xestión de Residuos de Galicia, os colectivos ecoloxistas Verdegaia, Federación Ecoloxista Galega, Amigos da Terra, Coto do Frade, Ridimoas e Adega, queremos lembrar que estas denominadas “novas tecnoloxías”, seguen a ser consideradas, pola lexislación estatal e europea, procesos de incineración e, á vista da xurisprudencia europea, a incineración nunca pode ser considerada como un proceso de valorización. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>
|