Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
isap
galizanonsevende
bicis
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
eco57
transxenicos
A nova E.D.A.R. proxectada en Punta Avarenta (Ares) afectaría ao L.I.C. "Costa Ártabra"
Xoves, 13 de Setembro do 2007
Somos conscientes da necesidade de depurar urxentemente os efluíntes que se verten sen tratamento previo ou de xeito deficiente ás rías de Ferrol e de Ares, máis isto non debería efectuarse a custa  de provocar un novo problema ambiental como aconteceu coa construción da E.D.A.R. no Cabo Prioriño (implicou a ocupación e a destrución dunha zona incluída na Rede Natura 2000 como L.I.C. "Costa Ártabra").Por este motivo, recomendamos que a depuradora se constrúa fóra do ámbito de ampliación da Rede Natura proposto pola Xunta de Galicia. Rexeitamos, ademáis, a instalación de colectores a través de zonas ambientalmente sensíbeis.
Ler máis...
 
En 2006 superáronse en Santiago valores límite para algúns contaminantes atmosféricos
Xoves, 13 de Setembro do 2007

finsa_santiago.jpgVerdegaia-Compostela denuncia que, de acordo cos datos sobre a calidade do aire en Galicia en 2006 divulgados pola Consellería de Medio Ambiente, no municipio de Santiago incúmprese a lexislación sobre calidade do aire. No centro da cidade superouse un valor límite para o dióxido de nitróxeno (NO2), mentres que no contorno da empresa madeireira FINSA excedéronse os valores límite para partículas en suspensión. A deterioración da calidade do aire é un problema ambiental e de saúde pública.

Ler máis...
 
Nace un movemento pola defensa da Serra da Groba
Mércores, 12 de Setembro do 2007

montferrpeqe.jpgO pasado luns 10 de Setembro, o Instituto de Estudos Miñoranos, o Grupo Ecoloxista A Groba,  Salvemos Monteferro, o Clube Espeleolóxico Mauso, representantes de diversos partidos políticos, comuneiros das parroquias afectadas polo parque eólico "Albariño I" e representantes de Verdegaia, asistimos a unha xuntanza da que nace unha nova organización, co obxecto de protexer a Serra da Groba da iminente ameaza que supón o proxecto de parque eólico. 

Ler máis...
 
Xornadas "Dereito ambiental: unha ferramenta para a protección do medio"
Martes, 11 de Setembro do 2007

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), xunto coas asociacións ADENCO e APDR, organizou para os sábados 29 de setembro e 6 de outubro na cidade de Pontevedra unha xornada formativa na que se amosarán as ferramentas que o Dereito Ambiental fornece a calquera persoa ou asociación preocupada pola protección do medio.

Ler máis...
 
A construción do Parque Eólico Albariño I estragará unha parte importante da Serra da Groba
Mércores, 05 de Setembro do 2007

parqueeolico_galicia.jpg Verdegaia ven de presentar alegacións á construción deste Parque Eólico situado nos Concellos de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño. A súa construción significaría afeccións a espazos considerados hábitats prioritarios pola UE e un importante impacto faunístico, ademais de afectar a Cova da Moura, ás Mámoas do Arreiro e a distintos grupos de petroglifos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>

Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
sust_2007
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Feira Terractiva
Outubro 18 - 19, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top