|
Martes, 09 de Outubro do 2007 |
O Plano Parcial de Ordenación do sector nº 10 de Solo Urbanizable Industrial denominado polígono empresarial San Martiño 2 considera que a bicicleta e ir a pé non se poden considerar como alternativas de transporte a considerar para o polígono en base a un conxunto de inconvenientes como a distancia que separa o sector de Sigüeiro, a descontinuidade da trama urbana, a climatoloxía, a inseguridade vial, etc.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 09 de Outubro do 2007 |
|
Os próximos días 11, 12, 13 e 14 de Outubro, a plataforma A Ría Non se Vende organiza uns roteiros pola ría de Vigo, nos que se terá a oportunidade de ver as súas belezas, sentir os impactos que sofre e avaliar o seu futuro. Convidadas quedan a este evento aquelas persoas que sintan que a saúde da ría é importante, e que queiran recordalle ademáis aos responsables do seu deterioro, que tamén é de tod@s nós.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 05 de Outubro do 2007 |
|
En Galicia tamén hai problemas de contaminación do aire, téndose rexistrado 17 superacións de valores límite e umbrais de información de diversos contaminantes atmosféricos ao longo do ano 2006. É o que pon de manifesto o informe “Calidade do aire en Galicia 2006”, elaborado por Verdegaia e Ecologistas en Acción baseándose nos datos oficiais ofrecidos no verán pasado pola Consellería de Medio Ambiente. O tráfico e algunhas industrias son os principais responsables das superacións.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 04 de Outubro do 2007 |
|
O vindeiro domingo 7 de outubro, SOS a Groba organizará un roteiro pola serra mareira mais meridional da Galiza, coa intención de amosar as particulares características prehistóricas, faunísticas, xeolóxicas e florísticas; e a singular beleza de este espazo natural. A saída do roteiro será as dez na estación de autobuses de Vigo ou as once na plaza de abastos de Sabarís. O roteiro durará todo o día, polo que se recomenda levar auga, comida e algo de conversa.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 02 de Outubro do 2007 |
|
O Goberno estatal xa sobrepasou o prazo marcado pola Unión Europea (xullo de 2007) para ter aprobada unha Estratexia Española de Desenvolvemento Sustentable (EEDS). Por iso, o Goberno puxo en marcha a elaboración da Estratexia, cuxo primeiro borrador Ecologistas en Acción considera insustentable. No noso país, a Xunta continua a atrasar a presentación dunha proposta de Estratexia Galega, un instrumento esencial para avanzar cara a sustentabilidade.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>
|