|
Mércores, 24 de Outubro do 2007 |
|
A empresa auditora SGS está danando o prestixio e a credibilidade do selo de xestión forestal sustentable FSC, ao outorgar o certificado FSC a empresas que non o merecen. É o caso da certificación dos eucaliptais xestionados en Galicia, Asturias e Cantabria por NORFOR, pertencente ao Grupo ENCE. Greenpeace vén de promover unha ciberacción para esixir rigor a SGS.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 18 de Outubro do 2007 |
Ecologistas en Acción, Greenpeace e Verdegaia denuncian que a proposta de asignación individualizada de dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2) ás centrais térmicas favorece o carbón, malia seren as térmicas que emiten máis CO2 por KWh. A proposta do Goberno estatal conta co apoio da Xunta, que prefire ignorar que as térmicas son as maiores fontes de gases causantes do cambio climático en Galicia, mentres continúa sen presentar o Plano Galego de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 15 de Outubro do 2007 |
|
Con motivo da presentación dun novo informe científico das Nacións Unidas sobre cambio climático durante a semana do 12 ao 17 de novembro en Valencia, numerosas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e cidadás do Estado español, entre elas Verdegaia, convocan un apagón co lema de "FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO: ACTÚA XA", para o día 15 de novembro de 2007 entre as 20,00 e as 20,05 horas da tarde.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 15 de Outubro do 2007 |
|
A ría de Cedeira está en trámites de ser declarada Reserva Mariña pola súa riqueza pesqueira e marisqueira. Ademais esta ría contén diversos xacementos arqueolóxicos como acaban de constatar as prospeccións realizadas de xeito preliminar. Mais isto non evita que se vexa ameazada por un proxecto de novo porto deportivo que alteraría e afectaria tanto aos hábitas como aos restos históricos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 15 de Outubro do 2007 |
|
A empresa Distribuidora Eléctrica de Melón quere facer unha minicentral no río Cortella. Dos poucos datos concretos que podemos sacar do impacto ambiental que tería podemos destacar o que eles mesmos presentan no documento chamado “Inventario ambiental del río Cortella”. Este inventario ambiental foi realizado polo consultor ambiental Ingeniería y Ciencia Ambiental S.L. que, como poderedes comprobar, non ten moi claro o que é un estudo de impacto ambiental nin ten moi claro se os criterios dan resultados bos ou malos, dependendo para que.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>
|