|
Venres, 16 de Novembro do 2007 |
|
Dende Verdegaia queremos agradecer a asistencia de tódolos/as participantes ao roteiro polo río Sor do pasado domingo. Esperamos que o pasárades tan ben como nosoutros/as e agardamos volver atoparnos en vindeiros roteiros para seguir disfrutando da natureza xuntos/as. Moitas Grazas!!
|
|
|
Xoves, 15 de Novembro do 2007 |
|
Impactos ambientais que continúan e non se avalían, marea cincenta de urbanizacións e infraestruturas, avanzos lexislativos insuficientes, problemas para a saúde, e un modelo de transporte que xerará máis desastres no futuro, é o balanzo do accidente do Prestige cinco anos despois para Ecologistas en Acción, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Verdegaia, que elaboraron o informe "A catástrofe do Prestige, cinco anos despois".
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 15 de Novembro do 2007 |
|
Hoxe xoves 15 de novembro Verdegaia Ourense celebra a terceira convocatoria do mercadiño de troco, desta volta no Local da Asociación cultural A Esmorga, na Rúa Telleira 9, na zona da Universidade, a partir das 20:00 horas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 14 de Novembro do 2007 |
|
O apagón "Fronte ao cambio climático: actúa xa" é unha iniciativa cidadá convocada por 152 organizacións e entidades de todo o Estado español, entre elas Verdegaia. Celebrarase mañán 15 de novembro, de 20:00 a 20:05 h, e o seu obxectivo é sensibilizar sobre a necesidade de adoptar medidas urxentes perante a ameaza do cambio climático. Verdegaia demanda accións para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) desde Galicia, que aumentaron un 30% entre 1990 e 2004.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 13 de Novembro do 2007 |
|
A Xunta non facilita datos sobre a calidade do aire en Santiago desde que mudou a ubicación da estación de control da contaminación atmosférica desde a Praza de Vigo ao Campus Sur, hai máis dun mes. Por outro lado, segue sen responder á solicitude de información de Verdegaia-Compostela sobre a xustificación técnica do traslado da estación. Ambos feitos levaron a Verdegaia a presentar unha queixa perante o Valedor do Pobo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>
|