|
Luns, 14 de Abril do 2008 |
|
Máis de corenta organizacións da sociedade civil en Uruguai e o Estado español entre as que está Verdegaia, protestan ante o Goberno español polo financiamiento con fondos públicos e mediante entidades financeiras españolas dunha planta de celulosa de ENCE en Uruguai, ao tratarse dun proxecto que implica graves impactos sociais e ambientais.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 12 de Abril do 2008 |
|
Verdegaia vén de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000 co apoio doutros once colectivos: ADEGA, ASCEL, Ecologistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Greenpeace España, Grupo de anelamento Anduriña, Matar por Matar Non, Salvemos Monteferro, SOS-A Groba e Syme.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 11 de Abril do 2008 |
|
As organizacións SLG (Sindicato Labrego Galego), VSF (Veterinarios Sen Fronteiras), Verdegaia e Amarante apresentaron hoxe en conferencia de prensa a alianza que veñen de forxar seguindo o mandado do Foro Mundial para a Soberanía Alimentar (Foro de Nyéléni 2007). A Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos nasce co obxecto de “dar a coñecer, construír e defender a Soberanía Alimentar dos pobos, en e desde Galiza”.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 11 de Abril do 2008 |
|
Verdegaia e Ecologistas en Acción consideran que a certificación de xestión forestal sustentable FSC (Forest Stewardship Council) atribuída á empresa Norte Forestal (NORFOR) é unha fraude. A auditora SGS outorgou a esta empresa do Grupo ENCE o certificado FSC para as 12.000 hectáreas de superficie forestal que xestiona en Galicia, Asturias e Cantabria a pesar de non cumprir todos os requisitos necesarios para iso. Se FSC non pon fin axiña a esta situación, Verdegaia e Ecologistas en Acción deixarán de mostrar o seu apoio á certificación forestal FSC, a única que apoian.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 09 de Abril do 2008 |
|
Ecologistas en Acción considera que as Comunidades Autónomas
quixeron facer tan fácil e asequible o Exame do Cazador, que este converteuse
nun mero trámite fraudulento. En particular, acha que a regulación deste exame
en Galicia é un engano. A falta de formación dos cazadores, alén de xerar
importantes impactos ambientais e sociais, favorece resultados dramáticos, xa
que 2007 acabou con 20 persoas mortas en España por disparos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|