|
Domingo, 14 de Outubro do 2007 |
|
Por terceiro ano consecutivo, e a nível global, convócase unha Semana de Acción contra a Pobreza, que rematará nunha Xornada de Mobilización, a do 21 de Outubro. No Estado español a convocatoria parte da Alianza Española Contra la Pobreza e con ela conflúe a Semana de Acción Global contra a Débeda e as IFIs (Institucións Financeiras Internacionais) convocada por Quen Debe a Quen?, campaña da que Verdegaia fai parte.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 13 de Outubro do 2007 |
|
Verdegaia-Compostela preparou un conxunto de propostas dirixidas ao Concello que entende mellorarían a calidade de vida dos veciños e veciñas asegurando un desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto. O Concello pode xogar un papel importante na construción dun municipio que aforre recursos naturais, mellore a calidade do medio ambiente e conserve a biodiversidade, pensando na sustentabilidade non só a nivel local senón tamén a escala global.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 11 de Outubro do 2007 |
|
A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta ocultou á poboación compostelá unha superación do umbral de alerta polo contaminante atmosférico dióxido de nitróxeno (NO2) rexistrada o 11 de agosto de 2006, durante a vaga de lumes, na estación que mide a calidade do aire na cidade de Santiago. Desta forma, e contrariando a normativa de calidade do aire, privouse á poboación dunha información relevante para a protección da súa saúde.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 11 de Outubro do 2007 |
|
Verdegaia acaba de denunciar ante a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, unha serie de actuacións presuntamente ilegais que afectan a marisma do río Baxoi. Esta marisma constitúe un importante refuxo de fauna, principalmente de aves. Hai para tódolos "gustos": verquidos, plantacións de eucaliptos, desmontes, construción de muros na ribeira e o impacto paixasístico ao que, desgraciadamente, tan afeitos/as estamos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 10 de Outubro do 2007 |
|
O predio que deveria albergar o Centro de Interpretación da
Natureza das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro rematouse de
construir no ano 2002. O seu custo foi de 470.000 € financiados na súa
maior parte con fondos europeos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
|