|
Venres, 08 de Febreiro do 2008 |
A Xunta continúa sen presentar un Plano de Redución das Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI). O último prazo superado para a presentación deste Plano, anunciado en numerosas ocasións desde o comezo da lexislatura e sucesivamente adiado, foi o do 1 de xaneiro, fixado na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa (EECC e EL). Verdegaia esixe que non se atrase máis a presentación do Plano e propón á Xunta 10 medidas relevantes para reducir as emisións de gases causantes do cambio climático.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 07 de Febreiro do 2008 |
|
Verdegaia organiza un roteiro pola Foz do río Miñor e a “Devesa da Costa” (concellos de Nigrán e Baiona) o vindeiro domingo 10 de febreiro. Sairemos en bus de liña da estación de autobuses de Vigo ás 9:45 h. e chegaremos á Foz do río Miñor arredor das 10:40 h. para comezar a camiñar por este espazo natural dende o seu extremo Norte, no Monte Lourido. A volta está prevista á estación de autobuses de Vigo a media tarde.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 07 de Febreiro do 2008 |
|
Verdegaia-Vigo organizará a súa segunda proxección do documentario “O salario do silencio” o vindeiro venres día 8 ás 20:30 h. na Asociación Cultural Caleidoskopio (rúa Romil, nº3-baixo). Ao rematar o filme realizarase un coloquio onde intervirán os autores do mesmo, Mabel Rivera e Enrique Banet.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 07 de Febreiro do 2008 |
|
Verdegaia oponse rotundamente ao traslado da planta de Ence-Elnosa dende Pontevedra a As Pontes por tratarse dunha industria altamente contaminante que ademais xa foi condenada por delito ecolóxico. Considera ademais que este tipo de industrias xa non teñen cabida en Galicia dentro dunha política de desenvolvemento sostible, polo que a única vía posible é o seu peche definitivo.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 05 de Febreiro do 2008 |
|
Hoxe recibimos unha moi triste e inesperada noticia. Finou Carmelo Teixeiro, coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol.
O Comité Cidadán de Emerxencia e demais asociacións integrantes queremos manifestar o noso máis fondo pesar polo falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as nosas condolencias á familia e amigos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
|