|
Luns, 25 de Febreiro do 2008 |
 A rede de colectivos A Ría Non Se Vende organizou este pasado sábado 23 de febreiro unha deliciosa cea como medio para recadar fondos para a asociación S.O.S. Courel. Nela participaron 83 persoas e houbo unha recadación neta duns 600 euros para dita asociación; todo un éxito.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 24 de Febreiro do 2008 |
|
Verdegaia manifestouse en maio de 2007 en Mariñamansa por causa das
chemineas ilegais que Mercadona colocou nunha zona verde e de ocio e entre os
edificios, que ía expulsar directamente ás casas dos/as veciños/as todos os
fumes do supermercado e do aparcamento soterrado.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 22 de Febreiro do 2008 |
|
Na procura de afondar nos procesos como as moedas alternativas, as redes de troco e aquelas iniciativas que recuperen a centralidade das persoas dentro dun proceso económico alternativo que aposte polo local e polas redes sociais na vindeira semana celébranse dúas xornadas. As Xornadas "Creando Economías Sostíbeis" na Coruña e as IV Xornadas de Economía Alternativa en Lugo, nas que participa Verdegaia presentando a experiencia dos trocos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 21 de Febreiro do 2008 |
|
Un membro de Verdegaia
Ourense informou hoxe de que se produciu un novo vertido no río Arenteiro que
produciu a morte de moitísimas troitas na piscifactoría da Carinza, que agora
se están retirando de alí. Verdegaia denuncia unha
vez máis a falta de control suficiente do estado dos acuíferos e de todas as
correntes de auga, que reciben día tras día vertidos de diferentes fontes e
tamén día tras día vemos como a Administración non pon solución a esta
situación.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 20 de Febreiro do 2008 |
|
Verdegaia denuncia a súa exclusión inxustificada do Consello Municipal de Medio Ambiente por parte da Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, á fronte da cal está a concelleira Elvira Cienfuegos. O Concello non informou a Verdegaia do proceso de renovación dos membros deste Consello, que tivo lugar no último trimestre do ano pasado, polo que non tivo a oportunidade de participar na escolla dos tres representantes dos grupos ecoloxistas de Santiago que forman parte do Consello. A actitude de desprezo cara a Verdegaia amosada por Elvira Cienfuegos é sectaria e antidemocrática.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
|