|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
|
Con motivo da celebración da Semana Internacional sen Televisión do 21 ao 27 de abril, Verdegaia e Ecologistas en Acción queren denunciar o papel que este aparello xoga na ocultación da crise ambiental e na destrución das relacións sociais. Esta semana pretende chamar a atención sobre o modelo de vida destrutor e insostible que a televisión publicita cada día a través de mensaxes directas de publicidade de todo tipo de produtos, incitando a un consumo sen cuestionamentos, normalizando este modelo entre a sociedade. A súa incidencia é moi importante se temos en conta que a meirande parte dos estudos coinciden en que as persoas adican un tempo equivalente a 11 anos completos da súa vida a ver a televisión.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 24 de Abril do 2008 |
|
Organizada por Verdegaia-Ourense en colaboración co Cine-Clube Padre Feijoo.
|
|
|
Luns, 21 de Abril do 2008 |
|
Segundo datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente a solicitude de Verdegaia, entre 1990 e 2006 rexistrouse un aumento das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia do 20,5%. Este e outros datos aparecen recollidos no informe de Verdegaia "As emisións de GEI en Galicia (1990-2006)", no que se difunden publicamente por primeira vez datos sobre as emisións nos anos 2005 e 2006. Con motivo do Día da Terra, Verdegaia demanda novamente á Xunta que elabore dunha vez un Plano para a Redución das Emisións de GEI.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 16 de Abril do 2008 |
|
A denuncia penal foi presentada polo Foro Social de Cangas o pasado día 24 de marzo contra diversos responsables das actuacións tendentes a concretar unha das máis evidentes operacións especulativas que se poden ollar hoxe en Galicia, a urbanización do Salgueirón en Cangas. Esta denuncia xa foi informada polo Xulgado nº 6 de Vigo, admitindo a posible existencia de infraccións penais das comprendidas no artigo 757 da Lei de Enxuizamento Criminal.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 15 de Abril do 2008 |
|
Verdegaia apoia as Normas do Hábitat Galego da Consellería de Vivenda e Solo porque promoven a eficiencia no uso dos recursos naturais ao tempo que melloran a nosa calidade de vida. A aplicación destas normas fomentará o aforro enerxético, o uso eficiente da auga, a reciclaxe e a conservación da paisaxe. Xunto co Código Técnico da Edificación (CTE) de ámbito estatal que entrou recentemente en vigor, as normas do hábitat galego representan un importante contributo para mellorar a habitabilidade e a ecoeficiencia das vivendas, aspectos descoidados até hoxe.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
|