|
Luns, 28 de Abril do 2008 |
|
Segundo a Xunta, as emisións de dióxido de carbono (CO2) das centrais térmicas galegas aumentaron en 907.614 toneladas en 2007 a respecto de 2006. Este incremento non se debe só, como manifestou o director xeral de Desenvolvemento Sostible, á baixa produción hidroeléctrica e ao esgotamento da mina de lignito de Meirama, senón tamén ao reparto dos permisos de emisión de CO2 efectuada polo Goberno central, que non desincentiva suficientemente a produción eléctrica con carbón, malia ser a máis ineficiente e contaminante.
|
|
Ler máis...
|