-Analizar as relacións entre mobilidade e medio ambiente.
-Achegarse aos contidos básicos sobre as políticas e estratexias de mobilidade
identificando os principais impactos ambientais e analizando as alternativas que se
están a implementar.
-Coñecer aplicacións educativas que optimicen o labor do profesorado dos diferentes
niveis do sistema educativo, formadores e educadores en xeral e estudiosos da
temática.
-Proporcionar materiais e recursos para abordar educativamente este tema.
-Promover o debate reflexivo e crítico en torno a estas cuestións de gran relevancia
social, científica e educativa.
Destinatarios/as
Profesionais da educación de todos os niveis educativos, técnicas e técnicos no ámbito
de estudio, estudantes dos dous últimos cursos
ice
INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN
Prazas
Mínimo 30 máximo 60
Datas e duración
-Dias 15, 16 e 30 de xaneiro de 2009
-Dous créditos (20 horas)
Lugar
Facultade de Química, Universidade de Santiago de Compostela
Organiza
Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación USC
PROGRAMA
Venres, 15 de xaneiro 2009
16:30 Entrega de documentación e presentación do Seminario
17:00 Relatorio: “Mobilidade sostible e medio ambiente”
Sr. Alfonso Sanz Alduán. Consultor especialista en mobilidade sostible
18:30 pausa
19:00 Mesa redonda: “Políticas e estratexias para unha mobilidade sostible”
Sr. Xan Duro Fernández. Grupo Ecoloxista Verdegaia
Sr. Alfonso Sanz Alduán. Consultor especialista en mobilidade sostible
Sábado, 16 de xaneiro 2009
10:00 Relatorio: “Desprazamentos laborais e mobilidade sostible”
Sr. Manel Ferri Tomás, Centro de Referencia en Mobilidade (ISTAS)
11:30 Pausa
12:00 Panel de experiencias
- Educación secundaria:“Estudio da mobilidade na cidade da Coruña”
Sr. Juan Bello Llorente. IES Fernando Wirtz (A Coruña)
- Movemento cidadán:“A problemática de mobilidade no Morrazo”
Sr. Luís Pérez González. Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo
16:30 Panel de experiencias
- Universidade: “A mobilidade no plan de desenvolvemento sostible na USC”
Sra. Dora Blanco Heras. Oficina do Plan de Desenvolvemento sostible USC
17:30 Materiais e recursos
- Mancomunidade de Pamplona: “Educación medioambiental e transporte”
Sra. Carmen Villanueva Arbeloa. Responsable del Programa de Educación Ambiental y
Sensibilización Ciudadana
Sábado, 30 de xaneiro 2009
10:00-20:00 h.: visita-estudio ás infraestruturas e equipamentos do Plan de Mobilidade
do Concello de Santiago de Compostela: Aeroporto, Ave, Intermodal, Tren, Autobús...
- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. (Delegación de Santiago de
Compostela)