Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
 
Vista Mensual
Vista Mensual
Vista Plana
Vista Plana
Vista Semanal
Vista Semanal
Vista Diaria
Vista Diaria
Categorías
Categorías
Procura
Procura

Evento: 'Vigo: VII Encontro Internacional Da Marcha Mundial Das Mulleres'

Xornadas
cursos, xornadas, et
Data: Sábado, 18 De Outubro Do 2008 ás 08:00
Duración: 2 Días
Información de Contacto:
(986) 442 194 Inscripción gratuita.Tradución simultánea. Pódese facer a inscripción directamente AQUÍ http://www.feminismo.info/webgalego/foro-soberania-alimentaria/inscripcion-no-foro-sobre-soberania-alimentaria.html
Correo-e:

Os próximos 18 e 19 de outubro a Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que agrupa a mulleres de mais de 150 países, dará un paso máis na súa loita contra a pobreza e a violencia. Delegadas dos cinco continentes acudirán a Vigo para celebrar o VII Encontro Internacional, nunhas xornadas cargadas de reflexión para seguir construindo un mundo onde sexan erradicadas a pobreza e a violencia.Todas as persoas, mulleres e homes, e colectivos, que comparten estes dous obxectivos, teñen un convite para acompañar ás mulleres vindas dos cinco continentes, a dar este paso na cidade de Vigo.

Celebrara-se un Foro e unha Feira de Soberanía Alimentaria, onde mediante debates, exposicións, mostra de productos, obradoiros e música, denunciaráse a utilización dos monocultivos intensivos, os agrotóxicos, a especulación do capital financieiro coa produción,transporte e venda dos alimentos...,e como todo isto afecta na vida das mulleres, das comunidades, dos povos e do planeta, sendo as mulleres maioria na producción e elaboración dos alimentos, ainda tendo só o 1% da propiedade da terra. No Foro e na Feira defenderáse o dereito que teñen os povos a decidir sobre a sua alimentación, a súa agricultura e pesca, sinalando o papel das mulheres como agentes de Soberania Alimentaria.

O domingo 19 de outubro, nunha praza da cidade de Vigo, realizara-se a construción dun milladoiro para o que contaremos coas pedras que as delegadas transportarán na súa viaxe a Galiza desde distintos puntos do planeta, simbolizando a unidade das mulleres e dos camiños na loita contra a violencia e a pobreza.Este proxecto artístico elaborado polas alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ficará en Vigo para dar testemuña ao longo do tempo da solidariedade vivida coas mulleres do mundo, na súa loita contra a pobreza e a violencia.

Ademais, poderemos compartir coas delegadas da M.M.M. as rúas de Vigo, na manifestación convocada para o domingo 19 de Outubro, baixo o lema "CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES PARA CAMBIAR O MUNDO, CAMBIAR O MUNDO PARA CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES".

Acode a Vigo o 18 e 19 de outubro para berrar con nós que este cambio é posíbel e para mostrar a tua solidariedade coas mulleres vindas de todo o mundo.


Procura no Calendario

Animado por ExtCalendar 2

   Home  Print  @ Contact Top