Amarante, Caleidoskopio, Verdegaia e Faísca organizan o vindeiro sábado 26 de xullo, como todos os derradeiros sábados de cada mes, unha nova xornada de troco e cesión na rúa Urzáiz de Vigo, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h.
Calquera persoa que desexe compartir, trocar ou ceder tanto obxectos coma servizos pode achegarse, curiosear, montar un posto ou mesmo gozar do ambiente cidadán. As organizacións convocantes apostan polo troco e a cesión como alternativas viables ao despilfarro e o exceso consumista e pola revitalización das relacións persoais fronte á imposición dos cartos: nós somos os que decidimos o valor que teñen as nosas cousas e o noso tempo. Se queres dar máis vida ó teu, ven trocar con nós, o último sábado de cada mes, fronte ao mercado do Calvario.