As empresas francesas financiarán os desprazamentos laborais en bicicleta
bycicles in Maastricht
Autor: Michel S. Schleier
O primeiro Encontro Nacional da Bicicleta tivo lugar hoxe en París, a cargo do ministerio de desenvolvemento sostible e o grupo para o fomento da utilización da bicicleta. Entre as medidas anunciadas, destaca o pago polos desprazamentos laborais a cargo das empresas, que obterían exencións fiscais. Thierry Mariani, o ministro de traballo, anunciou que se trataría dunha medida similar á que se aplica en Bélxica (0,21 euros por cada quilómetro). O ministro explicou ao diario francés L´Express que a indemnización polos desprazamentos en bicicleta para os empregados "era unha das súas prioridades" e que desexa que "o Estado traballe para equiparar a bicicleta e o coche canto antes". Le a nova completa