Unha biciestrada de catro carrís en Suecia?

Ese é o plan da Swedish Traffic Authority para unir a terceira cidade sueca en tamaño, Malmo coa vila de Lund, a 20 km de distancia.O estudo e os planos xa están preparados. Tan só falta que o goberno poña os cartos. A "biciestrada" descorrerá en paralelo ás vías do ferrocarril e constará de catro carrís (dous por sentido), dous tipos de protección contra o vento (setos e valados) e estacións de servizos para bicicletas.

Podes ver a nova en inglés