Botando a alfombra vermella para a bici

Os carrís bici en Holanda son vermellos como en moitos outros sitios. Mais hai unha diferenza, non pintan a estrada, botan asfalto vermello! Isto garante maior duración e visibilidade, marcando claramente que corresponde a cada vehículo.