1000 ciclousuari@s reivindican a bici en Vigo
 Vigo tivo que esperar ao domingo para ter un acto digno da Semana Europea da Mobilidade que, impulsada pola Comisión Europea, se celebrou durante toda esta semana. Entre 900 e 1000 bicicletas ocuparon as principais vías da cidade demostrando que a veciñanza de Vigo quere, ao igual que moitas outras cidades, gozar de espazos e infraestruturas que permitan a utilización da bicicleta a diario. Ver a nova completa