Unha nova ruta turística en bicicleta permitirá descubrir a contorna do Umia e os seus muíños
Os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia redactaron o borrador conxunto dun convenio de colaboración entre institucións para a xestión e promoción do centro BTT do Salnés. A intención é a implantar na comarca un novo produto turístico baseado nos paseos en bicicleta todoterreo pola marxe do río Umia. Crearase a marca C BTT Meis-O Salnés e entre os tres concellos inmersos no proxecto achegarán un total de 10.000 euros para mellorar a calidade deste destino turístico, a sinalización, a promoción e o desenvolvemento do plan. Le a nova completa