As rutas ciclistas da Rapa e do Salmón en A Estrada, homologadas internacionalmente
O concelleiro de Deportes da Estrada, Xoán Carlos Castro, o presidente da Asociación ciclista Bikestrada, José Manuel Fondevila, e o secretario, Carlos González, presentaron onte as rutas ciclistas recentemente sinalizadas no municipio. O Concello contou cunha subvención da Xunta de 44.000 euros para a sinalización de dúas rutas en bicicleta de montaña: a do Salmón e a de Rápaa. Ambos os itinerarios suman preto de cen quilómetros. Para promocionalos e facilitar o seu seguimento en bicicleta ou a pé instaláronse 600 puntos de sinalización. Le a nova completa