III Marcha Ciclonudista na Coruņa

Baixar o cartel da ciclonudista

O sábado 13 de xuño celébrase a nivel mundial a VI edición da marcha ciclonusdista. Na Coruña xa van pola terceira edición e invitan a participar masivamente nesta xornada reivindicativa pero á vez festiva:

É o único xeito que coñecemos nas nosas cidades para conseguir que os coches minoren a súa marcha e manteñan a distancia de seguridade. Comprobado. O nudismo é un dereito, e como a mobilidade en bicicleta, non sempre é respectado. Ten que ser reclamado, e nós farémolo pacíficamente e cun sorriso.

Saímos de María Pita ás 12h, vestidos e vestidas, e máis adiante, fora roupa!!! arriba as bicis. Remataremos nunha praia da cidade comendo e disfrutando dun dereito.

Se non queres quitar a roupa podes vir igual a facer o percorrido e a comer na praia. Hai quen pinta o corpo, quen disfraza, en bikini, en bañador... Cantas máis bicis mellor. Vémonos o sábado 13.

Información e dúbidas sobre a marcha: http://www.ciclonudista.net

Información sobre o nudismo (pdf): O nudismo unha mási das túas liberdades

Comentarios e preguntas no foro: http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?p=4486

Evento no Facebook: III Marcha Ciclonudista na Coruña