Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

A USC deseña unha ruta para bicicletas que une os campus da cidade
A Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago, deseñou unha ruta para bicicletas que une os campus de Santiago de Compostela, como unha acción máis co obxectivo final de promover o uso da bicicleta como alternativa de transporte máis ecolóxica e saudable para desprazarse na cidade.
Ler máis...
 
Ares estreará o 1 de agosto o seu servizo de aluguer de bicicletas, que será gratis os primeiros día
O Concello de Ares porá en marcha ao fin o próximo 1 de agosto o seu servizo de aluguer de bicicletas. Tal e como sinalaron fontes municipais, durante a primeira semana funcionará de modo experimental e gratuíto. A partir do 9 de agosto xa se aplicarán as tarifas aprobadas en pleno: 2,5 euros por persoa se se utiliza a bicicleta pola mañá ou pola tarde e 4 euros se se usa todo o día. Para grupos dun mínimo de tres persoas aplicaranse leves descontos.
Ler máis...
 
A Policía Local vixiará en bicicleta as zonas verdes e o carril bici durante as tardes de verán
O Concello de Chantada e a Policía Local presentaron na tarde de onte o servizo de patrullas en bicicleta. Esta iniciativa permanecerá activada durante os meses de verán ou ata que as condicións climatolóxicas permítano, e funcionará unicamente polas tardes. Estará destinado ás zonas verdes, e a vixiar o carril bici instalado tempo atrás na localidade, e existe a posibilidade de que se patrulle polo centro da vila.
Ler máis...
 
Reclaman a inclusión de Vigo na rede europea para bicicletas
A asociación viguesa A Golpe de Pedal e o Eixo Atlántico reclaman á European Cyclists Federation que amplíe a ruta número un da rede Euro Velo , a que vai desde Cabo Norte ao Sur de Portugal, para que discorra polas costas galega e portuguesa desde Viveiro ata Vila Nova de Gaia, o que supón a inclusión de Vigo na rede.
Ler máis...
 
Fin de semana cicloturista na Limia

Cicloturismo Os días 5 e 6 de xullo, Verdegaia organiza un fin de semana en bicicleta pola comarca da Limia. Ao longo da fin de semana achegarémonos tanto á faciana natural como á etnográfica desta zona. O percorrido inclúe visitas á Lagoa de Antela, o museo etnográfico de Vilar de Santos, o mosteiro de Trandeiras, á Carballa de Saínza, a aldea de Couso, a canle da Limia, a fervenza do río Férveda, a Torre da Porqueira e outros lugares de sinalado interese.

O roteiro é factíbel para todo tipo de persoas ao seren distancias moderadas sen ningunha pendente. Especialmente recomendábel para familias con nen@s en trasportín.

Ler máis...
 
Telexornal La Sexta: suben os carburantes, suben as bicis
 
A subida dos carburantes dispara a venda de bicicletas en Vilagarcía
A pesar de todas as campañas de publicidade, a realidade desvela que non hai mellor campaña de mercadotecnia que aquela que afecta ao peto. Os chamamentos á vida sa ou ao aforro enerxético fan madeixa moi lentamente, pero cando van acompañados dunha subida no prezo dos combustibles, a concienciación cidadá parece elevarse na mesma proporción.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 79 - 91 de 149

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver