Un total de cincuenta membros da comunidade universitaria -xa sexan
profesores, alumnos ou persoal administrativo e de servizos (PAS)-
poderán gozar do novo sistema gratuíto de préstamo de bicicletas que
acaba de pór en marcha a Universidade dá Coruña (UDC). O programa ten
por obxectivo fomentar o transporte ecolóxico, estudar as
particularidades do uso da bici nos diferentes campus da institución
académica, e analizar a súa aceptación por parte da comunidade
universitaria.
|
Ler máis...
|
|
O colectivo Arousa en bicicleta recibiu onte con satisfacción a
confirmación de que Vilagarcía disporá dun servizo público de
bicicletas antes de xuño do próximo ano. A iniciativa, que dispón para
o seu desenvolvemento dunha axuda de 140.000 euros procedentes do
Instituto Enerxético de Galicia (Inega) foi comunicada aos responsables
da entidade pola concelleira de Promoción Económica e principal
impulsora do proxecto, a nacionalista Rosa Abuín, nunha reunión
celebrada o luns.
|
Ler máis...
|
|
Pese a sensación de inseguridade que produce en moita xente unha bicicleta, cunha condución adecuada, a seguridade é alta. Non obstante, ás veces se producen accidentes. Na medida en que coñezamos en que momentos e con que manobras hai un maior índice de risco, mellor poderemos evitar ter algún. Este estudo pode ser moi válido para axudarnos a comprender en que momentos debemos prestar unha maior atención ao tráfico que nos rodea.
|
Ler máis...
|
|
Despois da resaca da 2ª masa crítica galega, onde Coruña volcouse nesta celebración e entre todas as cidades conseguimos reunir 150 ciclousuari@s en Ferrol, aproveitamos o impulso para esta nova masa crítica coruña e seguir reivindicando que a bicicleta é un medio de transporte útil, sano e eficaz
Como todos os primeiros venres de mes saimos ás 20h da Praza de María Pita (concentrámonos un pouco antes, xa sabedes). O percorrido será o seguinte:
|
|
|
A Empresa Madrileña de Transportes presentou onte os novos soportes exteriores para llevar bicicletas nos autobuses da EMT, polo momento só nunha liña, pero coa intención explícita de amplialo a máis lugares co tempo. Lé a nova completa
|
Ler máis...
|
|
Ante a necesidade comprender mellor a mobilidade das cidades en que vivimos, un grupo de cidadáns realizou 3ª Carreira de Medios de Transporte polas rúas da Coruña. O estudo comparativo realizouse o pasado mércores 18 de Setembro entre as 11:00 e as 13:00 horas facendo uso dos diferentes medios de transporte dispoñibles na cidade, sendo estes: coche, moto, taxi, bus, bicicleta e a pé.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
Resultados 66 - 78 de 149 |