Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

MCCoruña - 6 de marzo ás 19:45h

Este venres temos a masa crítica coruña de marzo. E como o pasamos moi ben no antroido, iremos disfrazados sobre as nosas bicis (quen teña ánimo de facelo jeje). Unha masa festiva e reivindicativa, porque a bici é un medio de transporte máis.

marzo09 O percorrido será:  Pz.Mª Pita – R.Ánxeles – Pz.Ánxeles – R.Santiago - Porta Real – Pº Dársena – Pº Parrote – R.Maestranza – R.Xeneral Aleson – R.Millán Astray – R.Beiramar – R.Torre – R.San Roque – R.Hospital – R.Zalaeta – R.Curros Enriquez – R.Pedro Barrié de la Maza (¡ OLLO ! UNICAMENTE CARRIL ESQUERDO) – Pz.Mª Auxiliadora – R.Hospital – R.Zalaeta – Pz.Pintor Sotomayor – R.Orzán – R.Pórtico de S.Andrés – R.San Andrés – Pz.Pontevedra – R.Teresa Herrera – Pz.Lugo – R.Padre Feijoo – Pz.Ourense – Av.Linares Rivas – R.Menendez y Pelayo – R.Federico Tapia – Pz.Galicia – R.Rosalía de Castro – R.Francisco Mariño – R.Juan Flórez – R.Médico rodríguez – R.Fernando Macías – Av.Calvo Sotelo – Av.Buenos Aires – Av.Pedro Barrié de la Maza – R.Modesta Goicouría – Pz.Pontevedra

Evento: Masa Crítica Coruña
Lugar de saída: Praza de María Pita
Lugar de chegada: Praza de Pontevedra
Día: venres 6 de marzo de 2009
Hora: 19:45h

Usa a bici todos os días
Celébrao unha vez ao mes !!!

Máis info no foro: MCC marzo 09
MCC marzo 08 no facebook: Masa Crítica Coruña Marzo
Grupo das Masas Críticas Galegas no Facebook: Masa Crítica Galega

 

 
Unha caravana de 200 coches maniféstase en Vigo contra o carril bici
O projecto de construçom dum carril para uso dos ciclistas na estrada PO-325 entre Vigo e Nigrám provocou as iras de parte dos automobilistas afectados polas obras, que se botárom à estrada numha caravana de protesto que congestionou o tránsito do centro de Vigo durante horas. Os condutores, que alegam grandes moléstias derivadas nas obras e um suposto desrespeito à propriedade privada dos donos das parcelas polas que se levantará o carril-bíci, parabenizárom-se de que o Tribunal Superior de Justiça da Galiza admitisse a trámite o recurso que apresentárom.
Ler máis...
 
O Programa Vías Verdes lanza un novo Visor cartográfico
Tras o éxito do websig de Vías Verdes, creado en 2007, estívose traballo para conseguir completar e mellorar a información georeferenciada sobre Vías Verdes españolas facéndoa máis fácil, accesible e manexable. Desta forma conseguiuse esta moderna aplicación que permite consultar toda a información referente a estes itinerarios. Pódese acceder, manexar e interactuar coa cartografía dixital dispoñible para as vías verdes e as diferentes capas cartográficas, mapas, relevos e imaxes de satélite, que google e IDéEA (Infraestruturas de datos espaciais de España) publican na rede.
Ler máis...
 
Santiago únese co seu carril de Fontiñas á rede de cidades que fomentan o uso das bicicletas
Santiago de Compostela unirase ás cidades españolas que desenvolven programas de impulso do uso da bicicleta. De feito, representantes composteláns asistiron o pasado outono, xunto a catorce cidades máis, a unha reunión en San Sebastián que constituíu o xerme desta agrupación que pretende popularizar os velocípedos nas rúas urbanas.
Ler máis...
 
A CRITICONA 2009

Masa Crítica Interplanetaria. Madrid. 30 de abril - 3 de maio.

Máis info en http://lacriticona.ourproject.org/

 
MCCoruña - 6 de febreiro ás 19:45h

E despois dos temporais e ventos furacanados... chega o furacán a dúas rodas, chega a Masa Crítica! Aproveitaremos este mes de febreiro para finalizar o noso percorrido en Própolis, onde xa está montado o noso Taller de Bicicletas Própolis:

- Repara a túa bici: os luns de 18h a 20h acude a reparar ou poñer a punto a túa bici. Haberá algunha persoa que poda botarche unha man ou indicarche como facelo.

- Centro de recuperación de bicis: recollemos bicis vellas ou que non se usen, as reparamos e poñemos a punto e as cedemos a outras persoas que necesiten este medio de transporte.

xaneiro09 Evento: Masa Crítica Coruña
Lugar de saída: Praza de María Pita
Lugar de chegada: Própolis (Rúa barcelona, 115)  
Día: venres 6 de febreiro de 2009
Hora: 19:45h

Usa a bici todos os días
Celébrao unha vez ao mes !!!

Máis info no foro: MCC febreiro 09
MCC febreiro 08 no facebook: Masa Crítica Coruña Febreiro
Grupo das Masas Críticas Galegas no Facebook: Masa Crítica Galega

 
Redondela disporá dun servizo de préstamo de bicicletas no centro urbano
O Consello da Xunta autorizou o pasado día 30 ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) o financiamento e promoción do servizo de préstamo de bicicletas para "potenciar o seu uso como medio de transporte urbano" na localidade de Redondela, dotado cun orzamento de 140.000 euros. Ademais do municipio redondelano, outros catro concellos galegos -A Coruña, Culleredo, Ferrol e Vilagarcía- tamén gozarán deste servizo, polo que tamén recibirán outros 140.000 euros cada un deles para a súa posta en funcionamento.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 53 - 65 de 149

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver