Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Calendario de Masas Críticas 2010 en Ourense

cartel-2010-masacriticaourense_p.jpg

Descarga aquí o cartaz, enviallo a xente, pégao no choio... pdf AQUÍ 418.76 Kb

 
Ir traballar en bicicleta: 50 euros máis ao mes
Vencellar o compromiso co medio ambiente co salario. Esa é a decisión dunha empresa oscense, Gráficas Huesca, quen decidiu pagar 50 euros máis ao mes os traballadores que vaian ao choio en bicicleta. A dirección desta compañía quere así sensibilizar aos seus empregados co medio ambiente e suma esta iniciativa a outras tantas encamiñadas a fomentar a sustentabilidade ambiental das súas actividades, como unha inversión feita para promover o aforro de auga na empresa ou outra destinada a minimizar a xeración de residuos.
Ler máis...
 
Cicloturistas madrileños irán á COP15 en bicicleta e tren
Usuarios e usuarias de bicicletas como medio de transporte partiron o día 1 de Madrid nunha viaxe de dez días en bicicleta e tren cara a Copenhague, onde terá lugar a COP15, Conferencia da ONU sobre Cambio Climático do 7 ao 18 deste mes.
Ler máis...
 
-
banner.jpg
Ler máis...
 
O pasado mércores celebrouse unha nova edición da Masa Crítica Compostela
O pasado mércores 25 de novembro celebrouse unha nova edición da Masa Crítica Compostela, percorrendo as rúas da cidade. A mañá presentábase moi chuviosa, aínda que conforme foi avanzando o día foi abrindo ata facer unha tregua, co ceo despexado e a lúa alumeando. Noite fresca onde seguir mantendo a chama da Masa, esta vez publicitada en diversos medios de comunicación, tanto en prensa coma en radio.
Ler máis...
 
Oliveira fará descontos á comunidade universitaria para adquirir bicicletas
A Universidade de Santiago asinou un convenio con empresas subministradoras de bicicletas co obxectivo de que os membros da comunidade universitaria benefíciense de descontos á hora de adquirir unha bici. En Compostela, a empresa que subscribiu o convenio é Bicicletas Oliveira, situada en Conxo.
Ler máis...
 
O 5% da poboación emprega a bici para os seus desprazamentos diarios
É dicir caseque 2 millóns de cidadáns do estado español empregan a cotío a bicicleta. Outro 21% da poboación ten empregado a bicicleta ao longo da semana anterior á realización da sondaxe. Estes son alguns dos datos que mostra o Barómetro de la Bicicleta 2009, Constata unha progresión no aumento de ciclousuarios/as xa que de persoas que empregan a bicicleta para os seus desprazamentos cotiáns pasou do 17,4% en 2008 ao 23,6% en 2009, e para ir ao traballo, dun 6,8% aun 14,1.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 27 - 39 de 149

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver