A partires da vindeira Masa Crítica do xoves 28 de febreiro a saída farase os últimos xoves de mes as 20:15 dende a Praza do Inferniño
|
|
A partir do mes de febreiro en Coruña comezarán a desenvolverse unhas
bici-escapadas domingueiras que se realizarán o primeiro domingo logo
da masa crítica mensual. Cada persoa que queira pode deseñar unha ruta,
sempre tendo en conta a xente que vai ir; son aconsellables os paseos
de perfil baixo, sen grandes pendentes.
Para empezar este domingo 10 de Febreiro desenvolveremos a primeira
destas escapadas que transcorrerá por terras de Culleredo: "A ponte
romana-medieval do Burgo, o pazo de Sésamo, A igrexa de Celas,
a de Peiro, a de Sésamo, a torre dá Vinseira e o paseo dos 11 muíños"
son parte dun paseo apto para todos os ciclistas que levará a cabo do
seguinte xeito:
|
Ler máis...
|
|
A masa crítica deste próximo mes de febreiro conicide coas festas do antroido, e por iso haberá un ambiente festivo aínda maior (se é posible), con xente disfrazada, bicis maqueadas, etc... Anímate a disfrazarte con nós ou a acompañarnos sen disfraz neste percorrido reivindicativo polas rúas da nosa cidade.
Venres 1 de febreiro, Masa Crítica Coruña, saída ás oito da tarde da Praza de María Pita.
|
|
O próximo xoves 31 de Xaneiro terá lugar en Ferrol a segunda Masa
Critica, partindo do Cantón de Molíns o carón do palco da musica, ás 20:00.
|
|
A Masa Crítica comeza a súa andaina en Lugo e tódo-los que estamos empeñados en que a bici teña un sitio nesta cidade estamos convidados a manifestalo pedaleando xuntos polas súas rúas. Será o último xoves de cada mes ás 20:15, comenzando o vindeiro xoves 31 de xaneiro, e sairá de diante do concello.
|
|
No marco das políticas de xestión e promoción da bicicleta, unha nova ferramenta empezou a despuntar en case unha trintena de cidades españolas: a implantación de sistemas de bicicletas públicas. Este auxe repentino do préstamo de bicicletas fai necesaria unha ferramenta de orientación para a implantación e o seguimento de devanditos sistemas.
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
Resultados 105 - 117 de 149 |