Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Iniciativas arrow En 2014 continuan as Masas críticas por todo o país
En 2014 continuan as Masas críticas por todo o país PDF Imprimir Correo-e
masacrtica_para_os_problemas_de_trfico.jpg

Unha vez por mes celebramos unha masa crítica nas principais cidades galegas. Ciclousuarios de tódalas idades reúnense para pedalear xuntos convencidos de que a bici presenta claras vantaxes respecto aos medios motorizados: permite realizar actividade física, non xera contaminación acústica nin atmosférica e pacifica o tráfico facendo das rúas espacios máis humanos.

Os encontros son bastante directos: celébranse unha vez ao mes, nunha data e un lugar fixos para que a xente saiba onde e cando é. O punto de encontro sempre é coñecido e de fácil acceso para os ciclistas, e conta con espazo dabondo para que un gran número de xente se poida xuntar antes do paseo.

Compostela: Mércores 29 de Xaneiro ás 20:30 dende a praza Roxa

Pontevedra: Xoves 30 de Xaneiro ás 20:00 dende a praza da Peregrina

Lugo: Xoves 30 de Xaneiro ás 20:30 dende a praza Maior

Ourense: Xoves 30 de Xaneiro ás 20:30 dende o parque San Lázaro

Vigo: Venres 31 de Xaneiro ás 20:00 dende a praza América

A Coruña: Venres 7 de Febreiro ás dende Maria Pita

 
Seg. >