Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC Ponteareas arrow O 51,4 % dos galegos e galegas non empregan nunca a bicicleta
O 51,4 % dos galegos e galegas non empregan nunca a bicicleta PDF Imprimir Correo-e

_dsc0047-1.jpgAsí, temos que empragan a bicicleta a diario case 3 millóns de persoas no estado mais en Galicia só o 1,4% da poboación a emprega con esa intensidade, subindo a 13,8% cando falamos de empregala unha vez á semana. En total, o 31,9% dos galegos e galegas empregaron algunha vez a bicicleta no 2011, 51,4% nunca a empregaron no 2011e o 16,7% restante tampouco mais estes últimos por non saberen montar.As principais razóns aducidas foron non ter bicicleta ou tela estropeada, non ter tempo e preferir o automóbil.

Este e outros datos de interese podémolos coñecer no Informe de resultados do Uso e Imaxe da Bicicleta 2011 elaborado pola Fundación Eca Bureau Veritas  e a Dirección Xeral de Tráfico.