Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Arquivo arrow Nova masa critica en Compostela
Nova masa critica en Compostela PDF Imprimir Correo-e
mcomp_290611.jpgOnte día 29 de xuño de 2011 tivo lugar un mes máis a Masa Crítica Compostela polas rúas da cidade, como cada último mércores de mes está convocada ás 20:30 horas na Praza Roxa.
Despois de que foi chegando a xente, e tras a pertinente tertulia previa, emprendimos o paseo colectivo pola cidade, percorrendo as seguintes rúas: Praza Roxa-Ramón Cabanillas-República Arxentina-Xeneral Pardiñas-Senra-Praza de Galicia-Doutor Teixeiro-Praza Ponte Castro-Horreo-Praza de Galicia novamente-Virxe da Cerca, Porta do camiño-Rodas-Santa Clara para posteriormente meternos por Loureiros na zona monumental para dirixirnos cara a Praza do Obradoiro, tamén houbo un alto na Praza de Cervantes para dar unhas cantas voltas ó redor da fonte para finalmente chegar ó Obradoiro, facer a foto e contactar co movemento 15M de cara a posibles colaboracións futuras. 

En definitiva, unha animada Masa, que continuou con algunha xente tomando algo e seguindo coa tertulia. Quedades todos emplazados de cara ós vindeiros meses. Non hai que esquencer que este outono cúmprese o 7º aniversario da Masa Crítica en Compostela, así que estaría ven facer algunha cousa especial.
 
Seg. >