Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Arquivo arrow IV Masa Crítica Galega. 25 de setembro. Vigo
IV Masa Crítica Galega. 25 de setembro. Vigo PDF Imprimir Correo-e

 

 

 

Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.

Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando? A masa crítica celébrase en Vigo o sábado 25 de setembro de 2010 con saida dende a Praza América ás 18:30. (ver ruta). Dende as 14:00 no Parque de Castrelos haberá actividades paralelas como tuneado de bicis,  Xantar, Probas de habilidade, Bike polo...  

Ciclousuari@s de A Coruña están a organizar o desprazamento en bici ate Vigo, tanto en transporte público colectivo (con parada en Compostela) como pedaleando. Neste último caso farase en tres etapas, saíndo o 23 dende Coruña e chegando o 25 á mañán a Vigo.

Podeste apuntar a calquera destas opcións premendo aquí

Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!

Manterémosvos informados das novidades arredor deste evento.

 
< Ant.   Seg. >