Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC A Coruña arrow IV Ciclonudista na Coruña
IV Ciclonudista na Coruña PDF Imprimir Correo-e
A Marcha Ciclonudista Internacional chega a Galiza un ano máis. Este sábado 12 de xuño ás 12h sairá da Praza de María Pita (A Coruña) nun festivo percorrido polas rúas da cidade. Porque a bici é un medio de transporte que nos libera, liberémonos tamén das nosas roupas!
ciclonudista10

O coche e esa posición de poder que proporciona, faise intolerante e algo abusivo, como tamén a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como gustemos, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis, faremos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade da Coruña; un paseo de tolerancia e integridade.

Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desplazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.

Despois do grande éxito das edicións anteriores, achegándose ata 40 ciclonudistas a pasear espidos polas rúas da Coruña, a ciclonudista chega de novo. O percorido comezará na Praza María Pita, e iremos vestidos ata que nun punto do percorrido: ¡fora a roupa e arriba as bicis!

Marcade este día nos vosos almanaques, porque será un día irrepetible e inesquecible.

Documento sobre a legalidade do nudismo: O nudismo é unha máis das túas liberdades

Máis información no Foro das Masa Críticas Galegas: IV Ciclonudista na Coruña

 
Seg. >