Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Arquivo arrow O pasado mércores celebrouse unha nova edición da Masa Crítica Compostela
O pasado mércores celebrouse unha nova edición da Masa Crítica Compostela PDF Imprimir Correo-e
O pasado mércores 25 de novembro celebrouse unha nova edición da Masa Crítica Compostela, percorrendo as rúas da cidade. A mañá presentábase moi chuviosa, aínda que conforme foi avanzando o día foi abrindo ata facer unha tregua, co ceo despexado e a lúa alumeando. Noite fresca onde seguir mantendo a chama da Masa, esta vez publicitada en diversos medios de comunicación, tanto en prensa coma en radio. Así máis xente vaise familiarizando coa iniciativa e aínda que nun primeiro momento non asista, coido que hai que insistir, e ó final, a algún entraralle o gusanillo e unirase, ou alomenos solidarizarase coa iniciativa e co leva aparellado, que non é outra cousa que unha forma de movilidade máis racional, así coma unha forma de socialización e compartir a cidade dun xeito máis humano. Todo iso ademáis das vantaxes que ten o moverse en bici por Compostela, como o evitar atascos, facer un pouco de exercicio e esquecerse do quebradeiro de cabeza que supón o estacionamen to do coche.

Pois iso, que a chama da Masa segue viva tamén nos meses de inverno!

Os asistentes acordamos facer unha Masa extraordinaria debido ás vacacións de Nadal o día 16 de decembro, no mesmo sitio e mesmo lugar, Praza Roxa, 20:30. A cita mensual que en decembro cadra o día 30, tamén se manterá, habendo xente tamén para todo aquel que se queira sumar ese día.
 
< Ant.   Seg. >