Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Arquivo arrow Nalgúns sitios subvencionan algo máis que coches
Nalgúns sitios subvencionan algo máis que coches PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Fonte: amigosdelciclismo.com   
 O concello de Logroño subvencionará a compra de bicicletas aos seus cidadáns. O consistorio da capital rioxana ten previsto axudas do 30 ó 35% para bicis de até 250 euros. Porá en marcha a iniciativa a principios de 2010, con previsión de financiar entre 350 e 400 bicicletas durante ese ano. Co obxectivo de fomentar o uso de bicicletas como medio de transporte na cidade, o Concello de Logroño anunciou a creación dun sistema de axudas á compra de bicis de tipo sinxelo e uso urbano, que non excedan dos 250 euros.

Aínda quedan por puír algúns detalles da operación, por exemplo si o diñeiro da subvención entregarase á tenda onde se adquiran as bicicletas (coas que xa tiveron conversacións) ou directamente aos clientes, así como a cantidade final a subvencionar, que podería estar entre o 30 e o 35% do valor total do vehículo.

En calquera caso, trátase dunha noticia moi interesante pois á parte do aforro que suporá para os petos dos interesados, porá nas rúas máis bicicletas de uso urbano e por tanto os seus usuarios terán o aforro adicional de deixar o coche no garaxe.
 
< Ant.   Seg. >