Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC Compostela arrow O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas de Compostela
O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas de Compostela PDF Imprimir Correo-e
O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas da cidade saíndo da Praza Roxa, en total perto de 20 ciclistas asistimos para disfrutar dun agradable paseo por Santiago nunha noite preciosa e cunha moi boa temperatura; a metade de percorrido fixemos unha foto de grupo no Obradoiro (a cal está adxuntada nesta mensaxe). Posteriormente xuntaríase algunha xente máis polo camiño, rematando a marcha na Porta do Camiño, aínda que despois a xente que quixo foi tomar algo ó Candinga, como ven sendo tradición.

Esperemos que pouco a pouco sexamos máis e que non decaia o ánimo!
Comentádeo á xente que use a bici de xeito habitual ou de xeito esporádico, é unha boa maneira de que se enganchen ás dúas rodas.

Adiante e vémonos na seguinte Masa que terá lugar o 25 de novembro! (20:30 Praza Roxa) masa_28_10_09.jpg
 
Seg. >