Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Arquivo arrow III Masa Crítica Galega - 19 setembro, Lugo
III Masa Crítica Galega - 19 setembro, Lugo PDF Imprimir Correo-e
 Por terceiro ano consecutivo celébrase a Masa Crítica Galega, pero...

Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.

Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando? A masa crítica celébrase en Lugo o sábado 19 de setembro de 2009 ás 17h, con saída da Praza Maior. Pero durante todo o día haberá actividades paralelas, convocándose ás 11:30h tamén na Praza Maior a todas as persoas que queiran participar. Tamén haberá a posibilidade de acudir desde outras partes de Galicia, en Coruña organízase unha ruta para chegar en bici a Lugo, e para quen veña de fora (organizadamente ou pola súa conta) haberá un Pavillón na cidade para durmir.

Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!

Resumo de actividades:

11:30h - Praza Maior: Comezo de actividades
12:30h - Gasolineira do Miño: Talleres
(bicistorias, reparación, tuneado, acrobacias)
14:00h - Parque do Miño: Xantar Colectivo
17:00h - Praza Maior: Masa Crítica Galega
20:00h - CS Madia Leva: Festa !!!

http://www.bicis.info
http://www.bicis.info/foro
http://masacriticalugo.blogspot.com

Para apuntarse na viaxe organizada desde Coruña (saídas venres ou sábado): http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/masa_critica_galega

Acontecemento no Facebook: III Masa Crítica Galega

 
< Ant.   Seg. >