Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Arquivo arrow Comeza a instalación do sistema de aluguer de bicis na Coruña
Comeza a instalación do sistema de aluguer de bicis na Coruña PDF Imprimir Correo-e

O servizo municipal de aluguer de bicicletas comezará a funcionar o próximo día 15, polo que a empresa instaladora ultima os traballos para ter todo a punto para a inauguración. De feito, onte termináronse de colocar as dez estacións distribuídas por toda a cidade nas que se poderán coller as bicis. No entanto, falta por pór a punto a instalación eléctrica e o sistema informático que controlará o préstamo das 150 bicicletas que inicialmente estarán dispoñibles. O servizo dispón dunha web informativa e onde é posible inscribirse: www.bicicoruna.es.

Fonte: Instalan os dez puntos de recollida de bicis da cidade

 

 
< Ant.   Seg. >