Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Arquivo arrow XIII Encuentros Cicloturistas por Zaragoza e Teruel desde o 5 ao 12 de Xullo de 2009.
XIII Encuentros Cicloturistas por Zaragoza e Teruel desde o 5 ao 12 de Xullo de 2009. PDF Imprimir Correo-e
Xa están en marcha os XIII Encuentros Cicloturistas, que este ano percorreran as provincias de Zaragoza e Teruel desde o 5 ao 12 de Xullo de 2009.
 
Para que non os coñeza, trátase de unha actividade que a Coordinadora CONBICI a través de asociacións de ciclousuarios (este ano organizao o COLECTIVO PEDALEA de Zaragoza) organiza cada dous anos. Trátase duns días de roteiros en bici con alforxas, disfrutando das terras polas que pedaleamos, compartindo experiencias con cicloturistas doutras localidades, e sobre todo, pasándoo moi ben.

Non se trata de ningunha carreira por etapas, son roteiros tranquilos, aptos para todo usuario de bici, onde cada un vai ao ritmo que desexa, parando cando queira, seguindo un camiño previsto e marcado que a organización nos indica, habitualmente cada etapa de non mais de 60 quilómetros por carreteiras secundarias sen moito tráfico ou por sendas, intentando que non haxa pendentes moi elevadas (ainda que iso non sempre e posibel) para o que temos todo un día que xestionaremos ao noso ritmo. Por tanto non fai falla ter unha preparación física especial, as etapas as fan desde nenos ata xente de avanzada idade, e incluso bicis con carriños, so con que te guste andar en bici, viaxar, coñecer lugares e xentes interesantes, e vivir unha nova experiencia que merece a pena vale para pedalear.
 
Vos adxunto dous arquivos, un coa información mais detallada dos encontros, e outro coa ficha de inscripción que debedes de remitir antes do 15 de Xuño a info(a)verdegaia.org, xa que dende aí se xestionarán tódalas inscripción para cicloturistas de GALIZA que desexen participar.
 
Se queredes mais información, ademáis das direccións e teléfonos que se vos indican, podedes mandarme un correo a zurdofran(a)hotmail.com ou no teléfono 626 115 488

doc XIII Encuentros Cicloturistas

doc Ficha inscrición

 
< Ant.   Seg. >