Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC A Coruña arrow 12 horas en bici 2009 na Coruña
12 horas en bici 2009 na Coruña PDF Imprimir Correo-e

12 horas 09

O sábado 30 de maio, calquera persoa coa súa bicicleta pode sumarse a este evento para demostrar que hai outras formas de desprazarse pola cidade sen malos fumes, ruídos, nin atascos. Podendo entrar e saír a calquera hora e cantas veces se queira. Esta marcha social pretende dar un toque de atención ás nosas adormecidas autoridades e invitar aos cidadáns a que coa súa actitude fomenten a diario o uso de transportes alternativos ao automóbil. É posible acougar o tráfico motorizado nas cidades e reducir o seu volume ata civilizalo e facelo compatible coas funcións e actividades que realizamos nas rúas. Coa vosa participación, conseguiremos unha cidade máis humana, tranquila e menos contaminada.

Esta iniciativa pretende concienciar á xente do abuso e mal uso que facemos dos vehículos na cidade. Démoslle unha alternativa á nosa mobilidade!

Mesa informativa e punto de encontro no obelisco. Comentarios no foro: http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?t=1658
 
< Ant.   Seg. >