Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
O Programa Vías Verdes lanza un novo Visor cartográfico PDF Imprimir Correo-e
Tras o éxito do websig de Vías Verdes, creado en 2007, estívose traballo para conseguir completar e mellorar a información georeferenciada sobre Vías Verdes españolas facéndoa máis fácil, accesible e manexable. Desta forma conseguiuse esta moderna aplicación que permite consultar toda a información referente a estes itinerarios. Pódese acceder, manexar e interactuar coa cartografía dixital dispoñible para as vías verdes e as diferentes capas cartográficas, mapas, relevos e imaxes de satélite, que google e IDéEA (Infraestruturas de datos espaciais de España) publican na rede.

O novo visor cartográfico ofrece unha gran cantidade de información totalmente actualizada sobre cada unha as vías verdes, así como dos trazados ferroviarios en desuso transitables (que aínda non son vías verdes), como trazado, lonxitude, percorrido, tipo de firme e ligazón á guía de viaxe da web. Tamén datos sobre os elementos ferroviarios, equipamentos, accesos e a contorna.

Ademais ofrécese a posibilidade da descarga completa de cada unha das Vías Verdes para GPS e en formato KMZ (Google Earth).

Visítao

 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver