Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC A Coruña arrow MCCoruña - 6 de febreiro ás 19:45h
MCCoruña - 6 de febreiro ás 19:45h PDF Imprimir Correo-e

E despois dos temporais e ventos furacanados... chega o furacán a dúas rodas, chega a Masa Crítica! Aproveitaremos este mes de febreiro para finalizar o noso percorrido en Própolis, onde xa está montado o noso Taller de Bicicletas Própolis:

- Repara a túa bici: os luns de 18h a 20h acude a reparar ou poñer a punto a túa bici. Haberá algunha persoa que poda botarche unha man ou indicarche como facelo.

- Centro de recuperación de bicis: recollemos bicis vellas ou que non se usen, as reparamos e poñemos a punto e as cedemos a outras persoas que necesiten este medio de transporte.

xaneiro09 Evento: Masa Crítica Coruña
Lugar de saída: Praza de María Pita
Lugar de chegada: Própolis (Rúa barcelona, 115)  
Día: venres 6 de febreiro de 2009
Hora: 19:45h

Usa a bici todos os días
Celébrao unha vez ao mes !!!

Máis info no foro: MCC febreiro 09
MCC febreiro 08 no facebook: Masa Crítica Coruña Febreiro
Grupo das Masas Críticas Galegas no Facebook: Masa Crítica Galega

 
< Ant.   Seg. >