Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
Colisións entre bicicletas e veículos a motor PDF Imprimir Correo-e

semaforo bici Pese a sensación de inseguridade que produce en moita xente unha bicicleta, cunha condución adecuada, a seguridade é alta. Non obstante, ás veces se producen accidentes. Na medida en que coñezamos en que momentos e con que manobras hai un maior índice de risco, mellor poderemos evitar ter algún. Este estudo pode ser moi válido para axudarnos a comprender en que momentos debemos prestar unha maior atención ao tráfico que nos rodea.

 

Principais colisións máis comúns

Sexa consciente das circunstancias mais comúns que rodean ás colisións e preste especial atención cando circule nestas condicións. As estatísticas seguintes son dun estudo de 1996, que analizaba as 6.000 colisións rexistradas entre as bicicletas e os vehículos a motor que ocorreron en British Columbia durante un período de tres anos. Lugares de colisión A maioría das colisións sucederon nas interseccións, onde non había controis de tráfico, e en áreas residenciais.

  • O 63% das colisións ocorreron na intersección dunha rúa con outra rúa, ruela ou calzada, mentres que o 31% sucederon entre as interseccións.
  • O 57% dos sitios da colisión non tiñan ningunha sinalización de tráfico; o 19% tiñan sinal de stop e o 15% tiñan semáforo.
  • O 40% ocorreron en áreas residenciais, e o 35% en áreas do negocio/de compras.

Accións antes da colisión

Case catro de cada cinco ciclistas continuaban recto, mentres que o 42% dos condutores viraban á esquerda ou dereita.

  • Continuando recto - Ciclistas: 79% - Condutores de coche: 41%
  • Virando á esquerda - Ciclistas: 5% - Condutores de coche: 19%
  • Virando á dereita - Ciclistas: 2% - Condutores de coche: 23%

Factores que contribúen á colisión

O erro máis común entre ciclistas foi conducir sen a debida precaución. Entre condutores de coche o erro máis frecuente foi non ceder o dereito de paso.

  • Vehículo sen a precaución debida - Ciclistas: 23% - Condutores de coche: 14%
  • Non ceder o dereito de paso - Ciclistas: 13% - Condutores de coche: 27%
  • Ir en dirección contraria - Ciclistas: 10% - Condutores de coche: 0%

Varios outros estudos en Norteamérica atoparon que a causa principal en colisións de ciclistas con vehículos a motor está compartida aproximadamente ao 50% entre os ciclistas e os condutores. Estes estudos tamén atoparon que accidente máis común en bicicleta era a caída sen ningún outro vehículo implicado.

Todos os ciclistas deben ser conscientes que son as tres principais razóns de colisión entre ciclistas e vehículos a motor son:

  • Un condutor que se incorpora á vía vira á esquerda diante do ciclista.
  • Un condutor para nun cruzamento, e despois sae directamente diante do ciclista.
  • Un condutor apenas adianta ao ciclista e despois vira á dereita.

*Hamilton e asociados. 1997. Unha revisión de colisións entre os vehículos de motor e as bicicletas en Columbia Británica. Producido para ICBC.

Fonte: Bike Sense (Appendices)

 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver