Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
A USC deseña unha ruta para bicicletas que une os campus da cidade PDF Imprimir Correo-e
A Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago, deseñou unha ruta para bicicletas que une os campus de Santiago de Compostela, como unha acción máis co obxectivo final de promover o uso da bicicleta como alternativa de transporte máis ecolóxica e saudable para desprazarse na cidade.
A nova ruta conecta os tres campus de Santiago, Norte, Histórico e Sur, a través de rúas e camiños onde a densidade de tráfico é moi baixa, co obxectivo de facilitarlle o desprazamento aos usuarios de bicicletas.O percorrido pode consultarse na ligazón Ruta en bicicleta unindo os campus de Santiago, onde tamén se pode descargar a ruta.

Nesta mesma páxina web ofrécese información sobre outros aspectos de mobilidade sostible como transporte público na cidade, liñas de autobuses urbanos nos campus ou o resultado do estudo de hábitos de mobilidade que desenvolveu a coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible. En particular, se presenta tamén como novidade a ligazón Prazas de aparcamento para bicicletas na USC, consistente en planos dos campus da USC onde se mostran os aparcamentos para bicicletas dispoñibles. Esta dotación de aparcamentos está previsto ampliala durante o próximo curso académico.

Programa de préstamo de bicicletas
Por outro lado, debido ao grande éxito acadado polo Programa de Préstamo de Bicicletas, posto en marcha no mes de abril con 300 destes vehículos, a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible decidiu alongar o período de préstamo ata o mes de setembro para que aqueles usuarios que o desexen poidan utilizar a súa bicicleta en préstamo durante o verán. Os novos prazos de devolución establecidos pódense consultar no seguinte enlace. Este programa de préstamo repetirase durante o próximo curso académico.
 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver