Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
Venres 2 de maio. Masa Crítica Coruña PDF Imprimir Correo-e

Despois do grande éxito das 12 horas en bici do pasado 26 de abril, unha nova masa crítica recolle o testigo. Será o venres 2 de maio con saída ás oito da tarde da Praza de María Pita. Como noutras veces, a partir das sete da tarde (unha hora antes de partir a masa), haberá un curso práctico coa posta a punto ou pequenas reparacións das vosas bicis, o mestre Bruji resolverá todas as dúbidas.

O percorrido da masa será: María Pita, Rego de Auga, Fama, Mariña, Cantón Grande, Canton Pequeno, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Menéndez Pelayo, Emilia Pardo Bazán, Arzobispo Lago, Juan Flórez, Camino Baixo, Federico Tapia, Plaza de Galicia, Rosalía de Castro, Francisco Mariño, Praza de Pontevedra, San Andrés, Cordonería, Panadeiras, Praza de España, San Juan, Fuente Seoane, Millán Astray, Baltasar Pardal, Costa de San Agustín, María Pita.

 Que é a masa crítica? - Masa Crítica (movemento social) na Galipedia

 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver