Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
Bici-Escapada por Culleredo. Domingo 10 de febreiro PDF Imprimir Correo-e

A partir do mes de febreiro en Coruña comezarán a desenvolverse unhas bici-escapadas domingueiras que se realizarán o primeiro domingo logo da masa crítica mensual. Cada persoa que queira pode deseñar unha ruta, sempre tendo en conta a xente que vai ir; son aconsellables os paseos de perfil baixo, sen grandes pendentes.

Para empezar este domingo 10 de Febreiro desenvolveremos a primeira destas escapadas que transcorrerá por terras de Culleredo: "A ponte romana-medieval do Burgo, o pazo de Sésamo, A igrexa de Celas, a de Peiro, a de Sésamo, a torre dá Vinseira e o paseo dos 11 muíños" son parte dun paseo apto para todos os ciclistas que levará a cabo do seguinte xeito:

- Saída da Praza de María Pita ás 10 ½. Para encamiñarse cara ao paseo do Burgo (rógase puntualidade).

- Saída do paraugas ás 11 ½ (para aqueles que queiran aforrarse a primeira parte do camiño e leven o coche ata O Burgo) e onde hai un gran aparcadoiro.

- Unha vez chegados a Celas de Peiro será o momento da comida onde hai dúas opcións (a escoller por cada quen):

        * OPCIÓN A: Comida no parque alí existente e a base de bocadillos. Hai unha fonte de auga potable e moi rica para beber.

        * OPCIÓN B: Comida no restaurante O Canteiro (981 668 004). Xa pedimos un orzamento e tomando churrasco variado con chourizos criollos, ensalada, patacas, viño, cervexa ou refrescos, sobremesa e café sae a uns 15€ por cabeza (prezo orientativo). O restaurante queda xusto á beira do parque onde comen os bocadillos.

Unha vez xa comidos segue a ruta cara ao roteiro dos muiños: ruta de dous quilómetros que segue o curso dun regato e onde hai algúns restaurados; é un fermoso paseo que serve para axudarnos na dixestión. Cerca está a torre da Vinseira, cun agradable parque (por se algún/a desexa durmir unha sesta no canto de ver a ruta dos muíños).

Acabado isto o regreso a casa. Todo o camiño faise practicamente por pistas locais, sen apenas desnivel e en total son, desde a ponte do Burgo, 25,6 Km.

SON XORNADAS DE BICIS ABERTAS, IDEAIS PARA IR COS COLEGAS... O CON QUEN QUEIRADES.... QUE VAIAN, GOZARÁN DO PASEO, DO DIA E SOBRE TODO DA BICI. TAMÉN INVITAMOS A XENTE DOUTROS LUGARES A APROVEITAR A OCASIÓN PARA PASAR POR CORUÑA E COMPARTIR CON NÓS ESTA EXPERIÉNCIA.

NOTA: No caso de que a climatoloxía non acompañe (léase tempo infernal) a bici escapada dese mes posponse para o seguinte (consultade o foro).

Tedes un resumo da ruta en pdf aqui: http://www.box.net/shared/lmg2ppag44

Non é necesário avisar, pero nunca está de máis participar no foro e amosar a nosa intención de ir ou non, a nosa opinión, se optaremos por bocata ou comida de mesa, etc. A dirección directa ao foro no referente a actividades é: http://bicis.info/foro/viewforum.php?f=12

Será unha xornada estupenda, para facer unha paréntese na rutina diaria, para desfrutar do aire libre, para facer exercicio moderado e charlar mentres damos unhas pedaladas.

Ruta programada por Jesús Castiñeira (almaschapuzas)
 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver