Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
Verdegaia Compostela demanda planificación e rigor nas propostas de promoción da bicicleta PDF Imprimir Correo-e
Nas últimas semanas vimos asistindo a diversas de declaracións do Alcalde Bugallo e do novo concelleiro de Tráfico Carlos Nieves definindo á bicicleta como "estratéxica" no futuro da mobilidade en Compostela, anunciando un servizo de préstamo de bicis ou animando aos alumnos dos institutos a empregar a bicicleta. Verdegaia acolle con satisfacción esta suposta nova liña de traballo do Concello máis entende que adoece dunha planificación axeitada e participativa, o que ofrece moitas dúbidas sobre o seu alcance. Con estes datos, que deberían ofrecer unha fotografía real da situación, cómpre elaborar un Plano Director de Bicicletas que artelle as medidas precisas para a súa implantación, definindo actuacións, prazos e orzamentos e recollendo os puntos de vista dos usuarios e usuarias da vía pública

A implantación dunha política de promoción da bicicleta debe adoptar unha visión transversal que prevea as necesidades e as posibilidades da bicicleta no deseño ou remodelación de rúas, na normativa de construción de edificios e garaxes, cambios nas normativas municipais que favorezan o seu emprego, deseño de itinerarios seguros que non teñen que ser necesariamente carrís-bici, realización de campañas divulgativas, actividades de rúa e medidas que faciliten a convivencia dos distintos medios de transporte e, un aspecto fundamental, a implicación cidadá na súa definición e implementación.

Compostela é unha cidade que polo seu tamaño permite unha implantación relativamente doada da bicicleta aínda que nunca o goberno municipal se preocupou por ela. Polo contrario, temos unha normativa municipal moi restritiva para o seu uso, prohibíndose en toda a parte histórica e en parques e xardíns da cidade. das. Hai exemplos como o carril-bici da rúa Berlín, 800 metros de ningunha parte a ningunha parte, as oportunidades perdidas para facilitar o uso da bicicleta en rúas novas como a rúa Barcelona ou remodeladas como a conexión San Lourenzo- Vidán e anuncios que quedan en nada como os 15 km de cinto verde que ían iniciar a súa construción no ano 2001 que cómpre lembrar ao Concello para non caer de novo nos mesmos erros.
 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver