Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
Masa Crítica Coruña especial praia "Orzán-Riazor" PDF Imprimir Correo-e

A Masa Crítica Coruña volve a rodar. Despois da numerosa masa anterior e o éxito da ciclonudista, desta vez preténdese percorrer de xeito circular a distancia que separa a rotonda das escravas coa rotonda dos surfistas, no paseo marítimo na parte colindante ás praias de Riazor e o Orzán. Así preténdese chamar á atención sobre as dificultades dos ciclistas para circular por esta zona, unha vez rematado o carril bici na casa dos peixes teñen que escoller entre ir pola aceira cometendo unha "ilegalidade permitida" pero moitas veces intransitable pola cantidade de xente que pasea por alí ou pasar á rúa, onde os coches circulan como nunha autopista, fácilmente a 80 km/h ou máis e sen manter as distancias de seguridade (tanto lateral como entre vehículos) necesarias para a seguridade dos ciclistas.

Unha vez máis será un día de festa, para divertirse, para gozar das rúas da cidade para dar un agradable paseo en bici e para recordar a tod@s que a bici é non só un vehículo máis, senón o máis eficaz, cómodo, san e non agresivo co medio ambiente.

A cita, coma todos os primeiros venres de cada mes está convocada para ás 19:45h na Praza de María Pita, comezando ás oito o percorrido, rematando novamente na praza. 

Segue todas as novidades da Masa Crítica Coruña no seu foro: http://masacriticacoru.mundoforo.com  

 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver