Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio
Declaración de Berna da ECF: Maior uso da bicicleta. O seu papel no debate sobre o clima PDF Imprimir Correo-e
A European Ciclyst Federation, na súa xuntanza anual celebrada en Berna, Suíza, consensuou o seguinte manifesto sobre a bicicleta e o cambio climático

DECLARACIÓN DE BERNA DA ECF Maior uso da bicicleta - o seu papel no debate sobre o clima e a política de transporte

A Federación de Ciclistas EuropeOs é a federación nai das asociacións ciclistas estatais en Europa, reforzadas por organizacións similares noutras partes do mundo. En total 51 grupos membros, que representan máis de medio millón de cidadáns europeos.


Os membros da ECF reunidos en Berna recoñecemos que o cambio climático global é unha das maiores ameazas para a civilización humana; reunímonos para facer pública a seguinte declaración:

1. A ECF aplaude o recoñecemento realizado polos parlamentarios europeos e as administracións sobre a importancia da ameaza do cambio climático. Aplaudimos o compromiso de Europa de liderar a nivel mundial a redución das emisións de dióxido de carbono. E aplaudimos o recoñecemento de que o transporte é fundamental na política do cambio climático.


2. A bicicleta é o vehículo máis importante con cero emisións. Polo tanto, debe promocionarse como un medio de transporte efectivo e sostíbel. Cuestionamos a asunción de que unicamente co progreso tecnolóxico e o desenvolvemento de novos combustibles se reducirán as emisións necesarias no sector do transporte.


3. A posición da ECF é que a bicicleta debe aceptarse como un medio de transporte igual aos demais e a miúdo preferible a outros. Debe se incorporar en todas as áreas da política de transporte, asegurando a súa fácil combinación con outros medios de transporte (intermodalidad total).


4. A bicicleta supón unha valiosa contribución en moitas políticas. Significa que todos os documentos relevantes de política europea - sobre transporte, cambio climático, uso do chan e planificación do espazo, saúde pública e asuntos sociais - deben facer referencia clara e específica ás vantaxes da bicicleta.


5. Convidamos ás autoridades do transporte europeas, a todos os niveis, a que establezan de forma inmediata obxectivos para lograr un incremento radical no nivel do uso da bicicleta, e que asuman o compromiso inmediato de investir un mínimo do 10% do orzamento de transporte en medidas para a bicicleta.


6. Convidamos á Comisión Europea a crear sen demora un posto a tempo completo de director de política ciclista dentro da Directiva Xeral de Enerxía e Transporte.


7. Prioritariamente Europa debe establecer un programa modelo de cidades amables para a bicicleta, con suficiente soporte financeiro para asegurar o éxito da transferencia dunha alta proporción de desprazamentos en coche a desprazamentos en bicicleta.


8. É necesaria unha inmediata expansión e mellora das infraestruturas para o cicloturismo, tales como EuroVelo, a rede europea de rutas ciclistas, e o transporte de bicicletas en todos os trens de longa distancia para promocionar o turismo sostíbel e saudable, e axudar aos cidadáns europeus a descubrir os beneficios da bicicleta.


9. A ECF conta con multidude de probas do potencial para incrementar o uso da bicicleta, o seu custo-efectividade e a súa eficiencia de gasto. Debe se implementar inmediatamente; tamén esiximos un maior investimento complementario en investigación sobre a bicicleta que redundara no incremento da base empíricap ara a súa promoción.


10. A ECF convida a todos os políticos e representantes a recoñecer a importante contribución que o uso da bicicleta pode e debe ter ao afrontarse o cambio climático. Por favor traballen connosco para desenvolver ese potencial e garantir unha mellor calidade de vida agora e no futuro.

Asemblea Xeral Anual - Berna, 19 de Maio de 2007

 
< Ant.   Seg. >

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver