Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow Bicicleta e traballo
Bicicleta e traballo
As empresas francesas financiarán os desprazamentos laborais en bicicleta PDF Imprimir Correo-e
bycicles in Maastricht
Autor: Michel S. Schleier
O primeiro Encontro Nacional da Bicicleta tivo lugar hoxe en París, a cargo do ministerio de desenvolvemento sostible e o grupo para o fomento da utilización da bicicleta. Entre as medidas anunciadas, destaca o pago polos desprazamentos laborais a cargo das empresas, que obterían exencións fiscais. Thierry Mariani, o ministro de traballo, anunciou que se trataría dunha medida similar á que se aplica en Bélxica (0,21 euros por cada quilómetro). O ministro explicou ao diario francés L´Express que a indemnización polos desprazamentos en bicicleta para os empregados "era unha das súas prioridades" e que desexa que "o Estado traballe para equiparar a bicicleta e o coche canto antes".
Ler máis...
 
Saunier Duval despraza ós seus técnicos na bici PDF Imprimir Correo-e

naunier duval muda cara a bici

A empresa de manteñemento de caldeiras Saunier Duval mudou hai dous anos a práctica dos desprazamentos do seu persoal técnico cara á bici, no que é una experiencia pioneira en europa. No 2010 recibiu o premio FLSP ás boas prácticas empresariais en medio ambiente. As razóns viraron concluintes para a empresa: aforro en vehículos e rapidez ó evitar a procura de aparcadorio, benestar dos traballadores, amais dun beneficio comunitario por empregar vehículos non poluintes.

A empresa habilitou unha web para informar da súa práctica: http://www.saunierduvalnaturalmente.com

 
Ir traballar en bicicleta: 50 euros máis ao mes PDF Imprimir Correo-e
Vencellar o compromiso co medio ambiente co salario. Esa é a decisión dunha empresa oscense, Gráficas Huesca, quen decidiu pagar 50 euros máis ao mes os traballadores que vaian ao choio en bicicleta. A dirección desta compañía quere así sensibilizar aos seus empregados co medio ambiente e suma esta iniciativa a outras tantas encamiñadas a fomentar a sustentabilidade ambiental das súas actividades, como unha inversión feita para promover o aforro de auga na empresa ou outra destinada a minimizar a xeración de residuos.
Ler máis...