Skip to content

www.verdegaia.org/bicis

Inicio arrow MC A Coruña
MC A Coruña
Manifestación Ciclonudista en Coruña. Sábado 9 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Cando imos en bici, pola calzada, ocupando o centro do carril e a unha velocidade de 15 km hora, estamos exercendo o noso direito de liberdade de mobilidade. O que ven detrás e solta improperios ou utiliza a bucina pedindo que o deixes pasar é unha persoa non informada. Non sabe que ti tes direito a ir polo medio do carril á velocidade que ti queiras mentres non excedas os 50 km hora. É probable que tampouco saiba que a velocidade media na cidade é de 20 km hora.  E o que seguro que non sabe é que se che adianta sen deixar 1,5 m pode perder 3 puntos no carné de conducir. Simplemente está a faltarche ao respecto. Respira e pedalea.

Cando imos á praia e ficamos espidos, poucos saben que estamos exercendo o noso direito a liberdade de indumentaria. O que ven ameazante dicindo que vai chamar ás autoridades é unha persoa non informada. Non sabe que ir espido é libre en calquera espazo público e non requere de autorización. Simplemente esta a faltarche ao respecto. Respira e disfruta do sol.

O día 9 de xuño imos coincidir un grupo de homes e mulleres coa finalidade de reclamar dous dos nosos dereitos, so relacionados entre si, porque son vulnerados diariamente por xente non informada.
Ler máis...
 
Resumo da Masa Crítica de A Coruña PDF Imprimir Correo-e
Resumo no Blog Barrio de Os Rosales
 
Masa Crítica "Especial Os Rosais" PDF Imprimir Correo-e

Unha nova masa crítica chega á cidade da Coruña. Neste caso percorrerá o Barrio dos Rosais.

Haberá coma sempre unha charla-coloquio "con extras" Soriso, será no Café Estación de Servicio (Emilio González López 80) o xoves 31 de maio ás 20:30h:

- Presentación da Carreira de Medios.

- Documentais: "Ciudadana Bicicleta" e "Bicicletas en Bogotá". 

- Charla-Coloquio sobre mobilidade na Coruña. 

A Masa será o venres, coma sempre ás 19:45h na Praza de María Pita. O percorrido da masa poderedes consultalo aquí (ver plano).

A noticia tamén está recollida aquí: Masa crítica especial los rosales 

 
Video da Masa Crítica Coruña "Especial Monte Alto" PDF Imprimir Correo-e

Xa podedes disfrutar dun novo video da Masa Crítica Coruña. En concreto da última masa celebrada venres 2 de febreiro, Masa Crítica "Especial Monte Alto". Como previo á masa, celebrouse unha conferencia o mércores 31 na que se explicou a "Carreira de Medios" e se debatiu sobre a problemática da bicicleta na cidade e no barrio, e o venres a masa percorreo as rúas do barrio.

Foi a masa máis numerosa ata o dagora, chegando a máis de 80 persoas nalgúns momentos do percorrido. É a primeira masa especial barrios, que continuaremos celebrando durante os seguintes meses na Coruña.

Aquí tedes o video: 2007 02 Masa Critica Coruña

 
Novo video da Masa Crítica de A Coruña PDF Imprimir Correo-e
Podedes ollalo premendo aquí
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 19 - 27 de 27